MagostoRock

MagostoRock, unha xornada que combina tradición, música e convivencia xuvenil.

A partir das 20:30 h, no patio do Colexio Salesiano María Auxiliadora (rúa Venezuela, Vigo), terá lugar unha merenda-cea de castañas, choripán e bebida, dispoñible a reserva a través do formulario de inscrición.

Posteriormente, ás 21:30 h, a festa continuará na sala de xogos do Centro Xuvenil Abertal, onde gozaremos dun concerto/jam/karaoke aberto, no que cada persoa poderá participar como público ou como artista convidado/a.

A actividade é aberta á mocidade de 14 a 25 anos, e tamén se anima a traer amigos e amigas que queiran compartir a experiencia, tanto na merenda-cea como na parte musical. As inscricións permanecerán abertas ata o mércores 12 de novembro, tanto para apuntarse como artista coma para reservar o choripánhttps://abertal.org/magostorock/