Manexo de embarcacións de lecer e motos náuticas

A Consellería do Mar convoca exames teóricos para a obtención das titulacións que habilitan para o goberno das embarcacións de lecer e motos náuticas na Comunidade Autónoma de Galicia.

O título de patrón/patroa para navegación básica poden obtelo os/as menores de idade que teñan cumpridos os 16 anos de idade no momento de realización das probas, sempre que acrediten, mediante a presentación por escrito do consentimento dos seus pais, nais ou titores/as legais.

Para obter as titulacións de patrón/patroa de embarcacións de lecer, patrón/patroa de iate e capitán/capitá de iate, as persoas interesadas deberán ter cumpridos os 18 anos de idade no momento de realizar as probas para a obtención destes títulos.

Prazos:
Convocatoria de marzo de 2025. Matrícula: do 3 ao 14 de febreiro, ambos inclusive.
Convocatoria de xullo de 2025. Matrícula: do 2 ao 13 de xuño, ambos inclusive.
As solicitudes están dispoñibles en https://sede.xunta.gal co procedemento PE616D

Máis información no DOG do 31 de xaneiro de 2025