Modificación do calendario fiscal do contribuínte

O concelleiro delegado de orzamentos e facenda do Concello de Vigo, a proposta da tesourería municipal, RESOLVEU:

PRIMEIRO. Modificar as datas de comenzo e final de cobranza, en período voluntario, dos padróns do imposto de vehículos de tracción mecánica, e das taxas polas recollida do lixo vivenda e lixo comercial así como as datas para o cargo en conta dos recibos domiciliados nas entidades financeiras, nos seguintes termos:

Imposto vehículos de tracción mecánica (IVTM).

— Data de comenzo do período voluntario: 6 de xullo de 2020.

— Data de finalización do período voluntario: 7 de setembro de 2020.

— Data de cargo en conta dos recibos domiciliados: 7 de setembro de 2020.

Taxa pola recollida do lixo nas vivendas.

— Data de comenzo do período voluntario: 6 de xullo de 2020.

— Data de finalización do período voluntario:7 de setembro de 2020.

— Data de cargo en conta dos recibos domiciliados:7 de setembro de 2020.

Exaccións unificadas industriais (Lixo industrial).

— Data de comenzo do período voluntario: 3 de agosto de 2020.

— Data de finalización do período voluntario:5 de outubro de 2020.

— Data de cargo en conta dos recibos domiciliados:5 de outubro de 2020.

SEGUNDO: Modificar a data do cargo en conta dos recibos acollidos ao sistema especial de pagamento do Imposto de Bens Inmobles para o exercicio 2020:

“O primeiro prazo, que será equivalente ao 50 por cento da cota líquida do recibo do Imposto sobre Bens Inmobles do exercicio, farase efectivo o 30 de xuño mediante a oportuna domiciliación bancaria”.