Mozos/as voluntarios/as das Nacións Unidas

Convocatoria

Os/as mozos/as Voluntarios/as das Nacións Unidas son unha categoría á parte dos Voluntarios das Nacións Unidas, creada recentemente en resposta ao chamamento do Secretario Xeral da ONU a unha maior participación no voluntariado da xeración máis numerosa da historia, formada por persoas menores de 30 anos. 

Os/as mozos/as entre 18 e 29 anos que desexan participar en iniciativas de desenvolvemento e paz no seu propio país ou noutro país do mundo.

A súa formación académica e a experiencia requirida varían segundo a asignación, pero en xeral non se espera unha experiencia laboral superior a dous anos.

Destinos

Os/as voluntarios/as poden traballar en dereitos humanos, loita contra o cambio climático, atención sanitaria primaria, xestión de catástrofes, consolidación da paz ou participación xuvenil entre outras moitas outras áreas.

Poden traballar directamente nunha axencia das Nacións Unidas ou ser asignados a unha das súas organizacións asociadas, a unha universidade ou ao goberno.

Beneficios

Os/as voluntarios/as veranse recompensados cunha experiencia que lles acompañará o resto da súa vida.

A súa participación como Mozos/as Voluntarios/as das Nacións Unidas será unha oportunidade para cambiar o mundo a mellor e, ao mesmo tempo, perfeccionar as súas propias aptitudes, adquirir coñecementos e comprender mellor as realidades do desenvolvemento internacional e a consolidación da paz.

Duración

Os/as Mozos/as Voluntarios/as ONU son patrocinados por organismos das Nacións Unidas, os seus asociados, gobernos ou institucións académicas; a duración do voluntariado depende das necesidades da entidade solicitante.

A maioría dos voluntariados dos/as Mozos/as Voluntarios/as das Nacións Unidas teñen unha duración de entre 6 e 24 meses. En ocasións, os voluntariados de Mozos/as Voluntarios/as das Nacións Unidas nacionais e internacionais son inferiores a seis meses, denominándose estancias de ‘curta duración’.

Cando os/as Mozos/as Voluntarios/as ONU son patrocinados por unha institución académica, denomínaselles Novos Voluntarios Universitarios ONU. Os Mozos Voluntarios ONU Universitarios realizan voluntariados de menor duración, xeralmente entre 3 e 6 meses.

Dotación

Os/as voluntarios/as reciben unha asignación básica que lles permite vivir na zona asignada.

Se prestan servizo voluntario fóra da súa zona de orixe, o avión de ida e volta ou o transporte terrestre (segundo proceda) e algúns outros gastos básicos corren a cargo do organismo de acollida.

Recibirán orientación e formación antes e despois do voluntariado. 

Máis información:

https://www.unv.org/become-un-youth-volunteer