Campamentos de Nadal

PROCEDEMENTO DE INSCRICIÓN

globo Información xeral

Actividades: obradoiros, xogos e actividades de animación relacionadas co nadal.

Anos de nacemento: 2007 - 2015.

Lugares: Pavillón do Berbés, Pavillón de Bouzas e Pavillón de Navia (50 prazas en cada sede).
No momento de realizar a inscrición poderá optar por orde de preferencia por unha ou máis sedes (BERBÉS, BOUZAS, NAVIA) sendo soamente unha delas a que lle será adxudicada no caso de haber dispoñibilidade de praza.

Datas: Os días 23, 26, 27 e 30 de decembro de 2019 e os días 2 e 3 de xaneiro de 2020.

Prezo: Gratuítos.

Teléfonos contacto (exclusivamente durante a duración do campamento):

  • Berbés: 644 566 401. .
  • Bouzas: 604 072 771.
  • Navia : 626 339 991 e 630 592 092.



Horario:

  • 07:45 - 09:00 h. Acollida e aula matinal.
  • 09:00 - 11:00 h. Actividades.
  • 11:00 - 11:30 h. Descanso e merenda de media mañá.
  • 11:30 - 13:55 h. Actividades.
  • 14:00 - 15:15 h. Despedida e servizo friameira (dispoñibilidade de neveira e microondas).
    Aqueles/as participantes que precisen do SERVIZO DE FRIAMEIRA, deberán traer recipientes coa comida axeitados para o seu uso, tanto de conservación (na neveira do campamento) como para o seu quencemento no microondas disponible.
    Os participantes neste servizo deberán traer, ademais, aqueles accesorios que precisen para comer (culler, garfo, coitelo sen punta).

globo Enderezos