Novas datas para a obtención do título ESO para maiores de 18 anos

Publicada a corrección de erros da Resolución do 27 de xaneiro de 2023, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de maio e setembro, e se ditan instrucións para a súa realización (código de procedemento ED540A), pola que se modifican as datas da súa convocatoria de maio. 

A nova data de realización das probas é o 26 de maio de 2023.

Resolución do 27 de xaneiro de 2023 (DOG)

Anexo I: Formulario de inscrición nas probas de 2023

Corrección de erros. Resolución do 27 de xaneiro de 2023 (DOG)