Novidades en Garantía Xuvenil

Debido ao incidente de seguridade do que está a ser obxecto o SEPE (Servicio Público de Empleo Estatal), e durante o cal se viu afectada a dispoñibilidade dos seus sistemas de información e comunicacións, abriuse a posibilidade de presentar solicitudes de inscrición no Sistema Garantía Xuvenil en papel.

Para inscribirte en Garantía Xuvenil, descarga e imprime o formulario que atoparás nesta mesma páxina e entrégao asinado xunto co teu documento de identidade na Oficina de Rexistro Administrativo máis próxima. A inscrición realizarase tan pronto como se solucione a incidencia, con data de efecto desde o día que presentes o formulario no rexistro.

Recibirás un correo electrónico cando a túa solicitude sexa procesada. Cando estea dispoñible, poderás acceder ao teu perfil mediante certificado electrónico, DNIe, cl@ve, ou poderás xerar un contrasinal na aplicación web.

Se necesitas máis información sobre Garantía Xuvenil podes chamar ao teléfono 060.

Formulario de solicitude de inscrición

Buscador de Oficinas de Rexistro