A Xunta enviará o Carné Xove de xeito gratuíto aos arredor de 400.000 mozas e mozos galegos de entre 12 e 30 anos.
O carné xove incorpora as seguintes novidades:
- Nova imaxe, máis actual, moderna, e adaptada aos requisitos da EYCA.
- Vixencia indefinida: en lugar de caducar cada dous anos, o carné será válido ata o máximo de idade permitida (30 anos). Por tanto, suprímense as taxas para a súa renovación.
- Envío do carné de xeito gratuíto ao domicilio de todos os mozos e mozas galegos de entre 12 e 30 anos, arredor de 400.000 persoas. Este proceso realizarase nos primeiros meses de 2021 e, unha vez os usuarios o reciban nas súas casas, tan só terán que activalo nun dos centros habilitados para tal fin, dos cales se dará cumprida información, para desfrutar das súas vantaxes.
- Aplicación móbil que permitirá xeolocalizar os establecementos adheridos ao carné xove.
Información complementaria:
– No caso de usuarios actuais, o novo deseño do carné xove tamén se enviará aos domicilios dos ditos usuarios, coa vixencia indefinida xa incorporada. Isto é, non é preciso tramitar un novo.
– No caso de persoas mozas que queiran solicitar o carné antes de que lle chegue aos domicilios: poderán realizalo seguindo o procedemento común ata o momento, ben de xeito telemático a través de sede electrónica ou nun dos puntos emisores do carné, que se poden consultar aquí. O carné xove que recibirán estas persoas xa incorporará tamén o novo deseño, así como a vixencia indefinida ata cumprir o máximo de idade permitida.
Máis información: https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/53973/xunta-enviara-carne-xove-manera-gratuita-los-alrededor-400-000-jovenes-gallegos
Teléfono xove: 012