Novo programa, Impúlsa-T

Desde ARELAS presentamos un novo programa, Impúlsa-T, que levamos anos facendo de forma voluntaria e que grazas a Xuventude Galicia podemos oficializalo.


Desenvolver o noso proxecto de vida con liberdade, dignidade e igualdade de oportunidades é un dereito fundamental de todos xs seres humanos. Para lograr esta meta, creamos Impúlsa-T dirixido a xóvenes trans de 14-20 anos, buscando unha futura inclusión social e laboral a través da participación, o apoderamento e a significación persoal, ofrecendo as ferramentas que posibiliten o fortalecemento e a autonomía dxs xóvenes trans de Galicia na súa contorna social.Con este programa único e pioneiro en toda Galicia, damos cobertura a unha prestación necesaria e ineludíbel consistente en reducir a vulnerabilidade e a discriminación que sofren xs adolescentes trans de Galicia, de maneira que disminúan os factores que xs fan máis vulnerables e provocan a súa exclusión familiar, social e laboral.Profesionais de distintas disciplinas con experiencia no traballo das vivencias trans, buscamos promocionar á persoa en todas as esferas da súa vida, traballando coñecementos, habilidades, actitudes e valores.


Neste programa ofertamos un lugar de encontro e creación de experiencias en modo de grupos de apoio mútuo entre pares, asesoramento legal, acompañamento sicolóxico, obradoiros e actividades ao aire libre en entornos seguros e transpositivos.Se coñecedes a alguén que queira formar parte de Impúlsa-T, pode escribirnos a arelasasociacion@gmail.com, infoarelas@gmail.com, mándarnos un wassap ou chámarnos ao 686 160 465, en horario de luns a venres de 10:00-14:00 e de 17:00-20:00 Hs.