Novo Talento Fnac de Fotografía

Fnac convoca o certame Novo Talento Fnac de Fotografía, un galardón que recoñece a obra de prometedores fotógrafos e fotógrafas. Esta iniciativa está aberta a calquera temática, técnica e disciplina fotográfica (reportaxe diaria íntima, caderno de viaxe, paisaxe, retrato, fotografía artística, colaxe fotográfica, etc.).

As fotografías deberán presentarse persoalmente nos mostradores de información de calquera tenda Fnac de España. No caso de que o participante non poida entregar o traballo en persoa, un representante poderá facelo no seu lugar cunha autorización asinada polo participante, que deberá ir acompañada dunha fotocopia do seu DNI.

Deberase presentar unha única serie por participante ou colectivo, dun mínimo de 15 e un máximo de 20 fotografías impresas en papel fotográfico. O tamaño das fotografías non pode superar o tamaño folio (A4). As fotografías han de entregarse nun sobre protector coa mención “Novo Talento Fnac de Fotografía 2021”, o nome e apelidos do participante, e o nome da tenda onde será entregado.

Dentro do sobre han de figurar, nun folio, os datos completos do autor (nome, apelidos, dirección, teléfono, correo electrónico e data de nacemento), fotocopia do DNI do autor, o nome da tenda onde será entregado e un texto de aproximadamente 1.500 caracteres con espazos sobre a serie de fotografías presentada.

A presentación ha de ser sinxela. Non se aceptarán traballos enmarcados, montados sobre cartón pluma/ forex/aluminio ou calquera tipo de presentación voluminosa. Tampouco se aceptarán fotografías envoltas de forma individual en materiais opacos.

prazo de participación no concurso estará aberto ata o día 8 de novembro de 2021.

FNAC fará público, o día 15 de decembro de 2021, o fallo do Xurado.

Requisitos
Poden participar fotógrafos profesionais ou afeccionados, maiores de idade, que se presenten de forma individual ou colectiva, de calquera nacionalidade pero con residencia en España.

Premio
FNAC outorgará a un único participante ou colectivo premiado a cantidade de 3.000 € e organizará unha exposición itinerante.

http://cultura.fnac.es/descargas/BBLL-Nuevo-Talento-Fnac-Fotografia-2021.pdf