O Concello abre o prazo de solicitude das bolsas de inglés

Está aberto o prazo para que o alumnado de 3º e 4º da ESO presente as solicitudes para o programa “Vigo en Inglés”. Son a xeración de 2021 e 2022 xa que a de 2020 ten a convocatoria resolta. Poderán realizarse ata o 21 de decembro.

Tal e como explicou Caballero, o Concello enviará a case 3000 estudantes coa bolsa municipal que inclúe o importe da matrícula no programa lectivo, os custos de aloxamento con pensión completa en familias anfitrioas, os gastos derivados do curso intensivo de inglés e da organización de actividades extraescolares e de lecer, as visitas didácticas a centros de interese, os voos de ida e volta e transporte urbano ata o centro de ensino e os seguros de viaxe e responsabilidade civil. O custo de cada praza é de 2.400 euros aproximadamente “o diñeiro mellor gastado da historia da cidade. Quero que tódalas mozas e mozas de Vigo falen inglés e teñan a súa bolsa para estudar inglés en Inglaterra”, sinalou o rexedor.

O goberno de Vigo concederá en 2022 bolsas de inglés a 2.500 e 3.000 estudantes cun investimento de 6,4 millóns de euros. A previsión é que a xeración de 2020 viaxe en xullo de 2022, a de 2021, en setembro de 2022 e a de 2022, en outubro de 2022.

http://www.vigoeningles.org/