O Estado Mundial da Infancia 2021

A pandemia de COVID-19 suscitou unha gran preocupación pola saúde mental dunha xeración de nenos e nenas. Con todo, poida que a pandemia represente só a punta do iceberg da saúde mental, un iceberg que pasamos por alto durante demasiado tempo. Unicef, a través do seu informe O Estado Mundial da Infancia 2021 examina a saúde mental dos nenos, os adolescentes e os coidadores. Céntrase nos factores de risco e protección en momentos decisivos da vida e analiza os determinantes sociais que configuran a saúde mental e o benestar.

Así mesmo, no informe faise un chamamento ao compromiso, a comunicación e a acción como elementos fundamentais dun enfoque integral para promover a boa saúde mental de cada neno e nena, protexer aos nenos vulnerables e coidar aos que se enfrontan aos maiores obstáculos.

Unicef tamén che ofrece unha serie de pautas sobre saúde mental así como consellos sobre como tender a man, ofrecer apoio e romper o estigma que rodea á saúde mental.

https://www.unicef.org/es/informes/estado-mundial-de-la-infancia-2021