O programa “Vigo arrólate” achega recursos en liña

O programa “Vigo arrólate” achega recursos en liña. Arrolos, nanas, cantos de berce e outras cantigas para traerlles o sono ás nosas crianzas de vagariño e no colo.

Cantos con agarimo, con tenrura, dozura para lles cantar mentres adurmiñan. Tradición que chega até hoxe, que se recupera e que transmitimos como xeito de sermos.

Asemade, O Fiadeiro achega unha explicación sobre a orixe, evolución, portadoras… para coñecermos máis sobre os cantos de arrolos.

+Info: VIGO ARRÓLATE