Obradoiro de Slam EN LIÑA

CURSO EN LIÑA
Días: 14, 15 e 16 de decembro de 2020
Horario: de 17:30 a 20:30
O curso é gratuíto, pero o alumnado debe dispoñer de ordenador ou tablet con micrófono e altofalantes para poder seguir as aulas

Impartido por: Silvia Penas

Inscrición: a través da páxina web do snl en inscrición (deben poñer no título da actividade: slam)

Sinopse:


Un slam é un torneo de poetas que recitan os seus textos baixo a atenta ollada dun público que cualificará a súa intervención.
Achegarnos a modelos de textos que habitualmente se enmarcan neste “xénero” da poesía falada ou recitada para coñecer a súa orixe e as tendencias máis actuais.