Publicado o

Obradoiro de autoprotección para mulleres

Dirixido a mulleres maiores de 18 anos empadroadas en Vigo, agás alumnas derivadas polo Centro Municipal de Información dos Dereitos da Muller.
Obxectivos e contidos:
O obxectivo deste obradoiro é proporcionarlles ás asistentes uns coñecementos e habilidades básicas de autoprotección que lles permitan mellorar a súa seguridade persoal e ter un plan de seguridade con medidas que lles axuden a previr a agresión, ou, senón fose posible, saír dela con máis garantías. Estes coñecementos están pensados para que poidan ser de utilidade ante calquera imprevisto de carácter violento que poida acontecerlles na súa vida particular.

No transcurso das sesións formativas as alumnas aprenderán a identificar situacións de risco, a estar alerta ante tentativas de agresión, e aprenderán e practicarán habilidades, técnicas e recursos para a súa protección e defensa… Esta formación permitiralles mellorar a súa capacidade de reacción, a súa autoestima e a súa confianza persoal. 

A sesión do mércores, día 6 de novembro, consistirá nunha sesión introdutoria sobre os aspectos psicolóxicos na autoprotección desde unha perspectiva de xénero, que será impartida pola psicóloga do Centro Municipal de Información dos Dereitos da Muller. Lugar: Casa das Mulleres.

As seguintes sesións serán impartidas por instrutores da Policía Local. Lugar: instalacións da Policía Local. 

Datas: 28, 29, 30 e 31 de outubro e 4, 5, 6, 7 e 8 de novembro. 9 sesións. 18 horas

Horario: 16:30 a 18:30 h 

Prazo e requisitos para a inscrición:

As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición.

Non é necesario ter unhas condicións físicas determinadas nin coñecementos previos sobre ningún tipo de arte marcial. A formación desenvolverase de tal xeito que todas as alumnas poidan realizar satisfactoriamente a actividade. 

Remitirase a folla de inscrición cuberta e asinada ao seguinte enderezo electrónico: ofi.muller@vigo.org ou persoalmente na Concellería de Igualdade, (1ª andar da Casa do Concello), de luns a venres en horario de 9:00 a 13:30 h.

Para máis información e descargar a folla de inscrición en formato editable consultar a paxina www.igualdadevigo.org

Prazo: a partir do xoves 10 de outubro de 2019, e ata cubrir as prazas.

+Info: IGUALDADE VIGO