Outono Xove 2021

Actividades de fin de semana en albergues xuvenís, para a mocidade de 14 a 30 anos.

A Xunta de Galicia pon en marcha o novo programa Outono Xove con actividades formativas e de lecer para a mocidade galega durante as fins de semana entre finais de outubro e comezos de decembro nos albergues xuvenís da Xunta de Galicia.

Os grupos de participación dividiranse en dous tramos de idade: de 14 a 17 anos e de 18 a 30.

Ofértanse 1.100 prazas nos 8 programas que conforman a actividade, cun máximo de 20 prazas en cada unha das opcións e fins de semana.

No formulario só se poderá elixir unha quenda. As prazas asignaranse por estrita orde de chegada dos formularios.

Descarga: PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES

A inscrición será unicamente en liña, mediante este formulario. Cumplimenta o que corresponda ao teu tramo de idade:

+ Formulario participantes de 14 a 17 anos

+ Formulario participantes de 18 a 30 anos

Modelos:

modelo declaración Covid-maiores de idade

modelo declaración Covid- menores de idade

modelo declaración sobre autorización de imaxes