Persoas colaboradoras bolseiras nos Centros Residenciais Docentes

A Xunta de Galicia convoca 30 prazas de persoas colaboradoras bolseiras para o curso 2024/2025, nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo:

CRD da Coruña: 18 prazas.
CRD de Ourense: 6 prazas.
CRD de Vigo: 6 prazas.

Requisitos:
a) 18 anos cumpridos, ou acadar esta idade dentro do ano natural 2024.
b) Posuír a capacidade funcional para o desempeño do labor de apoio no desenvolvemento da actividade diaria da residencia.
c) A persoa solicitante deberá estar inscrita ou matriculada en ensinanzas universitarias de grao, mestrado oficial, primeiro, segundo ou terceiro ciclo nunha facultade, escola superior, escola universitaria ou colexio universitario no curso 2024/25.

Incompatibilidades
1. As persoas beneficiarias de praza de colaborador bolseiro non poderán realizar, mentres gocen desta, ningún tipo de traballo remunerado.
2. Así mesmo, será incompatible con estar en posesión ou reunir os requisitos necesarios para obter un título académico de nivel igual ou superior ao dos estudos que pretende realizar.
3. A condición de beneficiario será compatible coa obtención de axudas na convocatoria xeral de bolsas e axudas ao estudo, agás aquelas que teñan como compoñente o pagamento de gastos de comedor e/ou residencia.

As persoas colaboradoras bolseiras teñen as seguintes obrigas:
1. Residir no centro residencial docente.
2. Colaborar no desenvolvemento das tarefas e actividades relacionadas con accións formativas complementarias durante o período de funcionamento en que estea aberto aos residentes.
3. Na súa condición de colaboradora ante o resto das persoas residentes, teñen a obriga de cumprir e facer cumprir as normas de réxime interno, as normas de convivencia e os horarios que permitan o normal desenvolvemento da vida residencial.

Residencias:
http://centros.edu.xunta.es/credocoruna/ 
http://centros.edu.xunta.es/credovigo/ 
http://centros.edu.xunta.es/credodeourense/ 

As bolsas solicitaranse en https://sede.xunta.es co procedemento ED308A
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 7 de agosto de 2024.
Máis información no DOG do 20 de xuño de 2024