Pioneiras en 60 segundos

Con motivo da celebración do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, que se celebra o 11 de febreiro, Cultura Inquieta convoca o concurso de microcine: ‘Pioneiras en 60 segundos’.

Hai 3.000 euros en premios e pódese participar desde calquera recuncho do mundo ata o 18 de febreiro. O anuncio dos vídeos gañadores farase o 21 de febreiro.

Fan un chamamento especial aos colexios, institutos, institucións culturais e asociacións para que participen e manden os seus traballos en formato vídeo acerca destas mulleres que se adiantaron no tempo para mellorar o mundo.

Dade a coñecer a visión das novas xeracións e de como percibides e honrades ás mulleres que admirades, xa sexan familiares, amigas, iconas ou referentes. Porque Pioneiras en 60” é unha maneira de tomarlle o pulso ao presente e ao futuro.

Durante séculos a historia escribírona —e protagonizarona— os homes e, quizais por esa visión sesgada, a invisibilidade da muller foi notoria. De feito moitas delas víronse obrigadas a utilizar pseudónimos masculinos

Como participar?
Para participar en Pioneiras en 60”, publica no teu perfil público de Instagram un vídeo cunha duración máxima de 60 segundos cada un xunto ao hashtag #Pioneiras2024 e mencionando a @culturainquieta e a @iberdrola.

Se o prefires, sobe o vídeo á plataforma habilitada para o concurso neste link.

Premios
Hai 3.000 euros en premios, que se reparten da seguinte maneira:
– 2.000 euros para o 1er premio
– 1.000 euros para o 2º premio
Ademais, haberá unha selección de vídeos con mención especial.

Máis información