Plan Corresponsables, axudas á conciliación familiar

A Secretaría Xeral da Igualdade convoca subvencións destinadas a desenvolver e financiar o desenvolvemento do Plan Corresponsables, consistente en actuacións orientadas a facilitar a a conciliación das familias con fillas e fillos menores de ata 16 anos de idade, mediante a creación de bolsas de coidado profesional, a creación de emprego de calidade no ámbito dos coidados e a formación e sensibilización en corresponsabilidade e coidados.

Liñas de subvencións::
a) Liña do Plan Corresponsables no ámbito local, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida (código de procedemento SI436A).
b) Liña do Plan Corresponsables para desenvolver polas entidades de iniciativa social (código de procedemento SI436B).
c) Liña do Plan Corresponsables para desenvolver polas asociacións de nais e pais de centros sostidos pola Xunta de Galicia, federacións e confederacións de nais e pais SI436C).

O prazo de presentación das solicitudes estará aberto ata o 29 de agosto de 2022
Máis información no DOG do 27 de xullo de 2022