Plan de formación de voluntariado

O Plan está conformado por 27 cursos, 22 deles en liña e 5 presenciais, cun total de 1.530 prazas, orientados á formación especializada e específica en materia de voluntariado nas seguintes áreas: perfeccionamento (que complementa ao básico ofertado no primeiro trimestre) e competencias adquiridas en materia de voluntariado, lingua de signos, formación en igualdade para prevención e afrontamento da violencia de xénero, voluntariado ambiental, voluntariado en situacións de emerxencia, voluntariado corporativo ou mesmo voluntariado dende os centros educativos. Así mesmo, no ámbito da xuventude, as accións formativas céntranse no eido dixital, a comunicación, o márketing, a preparación para o ámbito laboral, o eido educativo, o tempo libre e técnicas de mellora emocional.