Plan de formación para persoas voluntarias

A Consellería de Política Social, a través da Dirección xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, oferta un Plan de formación para as persoas voluntarias de Galicia coa finalidade de ofrecer opcións de formación dixital en materia de voluntariado no último trimestre deste ano.

O Plan está conformado por 6 cursos en liña, cun total de 630 prazas, orientados á formación específica en materia de voluntariado nas seguintes áreas: nocións básicas de voluntariado, competencias en materia de voluntariado, lingua de signos, formación en igualdade para prevención e afrontamento da violencia de xénero, voluntariado ambiental e voluntariado dende os centros educativos.Poderán participar nas accións formativas convocadas as persoas maiores de 16 anos que teñan interese en obter coñecementos especializados en materia de acción voluntaria. 

O número máximo de cursos que se poden solicitar do total dos ofertados durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a dous. Así mesmo, aquelas persoas que obtiveron praza e superaron o curso en anteriores edicións non teñen a posibilidade de anotarse a esta nova convocatoria nos mesmos cursos xa superados, podendo escoller calquera outro dispoñible.As prazas a cada un dos cursos outorgaranse por rigorosa orde de inscrición.

Os formularios de inscrición (un por cada curso) estarán dispoñibles no campus en liña da páxina web de Voluntariado (www.voluntariadogalego.org) desde as 12.00 horas do luns 4 de outubro . O prazo de inscrición permanecerá aberto ata cubrir as prazas ofertadas en cada un deles.