Prazas para o próximo curso

A Consellería de Educación convoca os procesos de reserva (ED550A), de admisión ordinaria (ED550B) e de escolarización extraordinaria (ED550C) nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato.
O alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición, para os efectos de reserva de praza neste, deberá presentar no centro de orixe ou a través da aplicación “admisionalumnado” (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) unha solicitude co formulario ED550A.

O prazo de presentación de solicitudes de reserva (ED550A) comprende entre os días 15 de xaneiro e 4 de febreiro (ambos incluídos).
O prazo de presentación de solicitude de admisión (ED550B) comprende entre o día 1 e o 20 de marzo (ambos incluídos).

Para máis información o DOG do 8 de novembro de 2022 e a Consellería de Educación, http://www.edu.xunta.gal/