Premio anual Otero Pedrayo para estudantes de ESO e bacharelato

A Fundación Ramón Otero Pedrayo convoca o Premio Anual para alumnado de ESO e bacharelato correspondente ao curso 2022-2023 para contribuír ao coñecemento da personalidade do escritor e a perpetuar a súa memoria e obra entre as mozas e mozos galegos.

Poderase participar con calquera tipo de traballo sempre que estea centrado na vida ou na obra de Ramón Otero Pedrayo. Os escolares poden escoller unha obra concreta, algún aspecto da súa biografía, comentar algún texto e mesmo realizar traballos artísticos.

Categoría individual
Premio ao mellor traballo escrito ou audiovisual realizado por estudantes da ESO
Premio ao mellor traballo escrito ou audiovisual realizado por estudantes de bacharelato

Categoría de grupo
Premio ao mellor traballo escrito ou audiovisual realizado por estudantes da ESO
Premio ao mellor traballo escrito ou audiovisual realizado por estudantes de bacharelato

O prazo de presentación de traballos estará aberto ata o 20 de febreiro de 2023.

BASES