Premio Arume, versos para a infancia

 Fundación Xosé Neira Vilas xunto con GÁLIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil) e co patrocinio de Deleite, convocan o Premio Arume de Poesía para a Infancia co obxectivo de recoñecer a calidade literaria de textos poéticos creados para nenos e nenas e fomentar a lectura de poesía entre este lectorado.

Poderán concorrer todos aqueles autores e autoras, maiores de idade, de calquera nacionalidade que presenten os seus orixinais en lingua galega. Os textos presentados han de ser inéditos e totalmente orixinais. As obras, cuxa temática será libre e acaída para o público infantil e/ou xuvenil, terán unha extensión mínima de 350 versos, e poderán conformar un só poema o un grupo de poemas.

Os textos presentaranse en formato A4, fonte Times New Roman, tamaño de letra 12 (ou similar) e interliñado 1,5 liñas.
Os orixinais poderán facerse chegar a través dunha destas presentacións:
a. Formato papel: de cada orixinal presentaranse dúas copias en papel debidamente encadernadas, cosidas, numeradas ou grampadas.
b. Formato dixital: de cada orixinal presentarase un CD cun documento en formato PDF.

Os orixinais deberán presentarse baixo lema, sen ningún tipo de dato que identifique o seu autor/a. A maiores do texto (en calquera dos dous formatos) achegarase, en sobre pechado, o nome completo, enderezo, enderezo electrónico e teléfono do autor/a, unha fotocopia do DNI e breve recensión bio-bibliográfica, así como o título da obra.

Non poderán presentarse os gañadores das tres convocatorias anteriores.
premio contará cunha dotación económica de 1.000 € e será publicado por Edicións Embora.

Os orixinais serán enviados nun sobre pechado, no que se indique, “PREMIO ARUME DE POESÍA PARA A INFANCIA”, ao seguinte enderezo:
Fundación Xosé Neira Vilas
Gres, nº 9
36587 Vila de Cruces
Pontevedra

prazo de admisión de orixinais estará aberto ata o 17 de maio de 2021

http://neiravilas.gal/index.php/gl/premios