Premio de ensaio subversivo Guillermo Domínguez

O IES Arcebispo Xelmírez de Santaigo de Compostela convoca o X Premio de ensaio subversivo Guillermo Domínguez 2022

Este concurso ábrese á participación de estudantes de Bacharelato de toda a Galicia.

O tema será libre e único, pero preferiranse os traballos de imaxinación crítica, na liña da esencia do premio, aos de carácter erudito ou estritamente científico. Deben ser totalmente orixinais e inéditos, e a evidencia dun plaxio, total ou parcial, suporá a descualificación do concursante.
Non haberá limitación formal ningunha, sempre que se axusten á presentación dun problema ou tese e a súa argumentación

Cada participante presentará un único traballo, en lingua galega, cunha extensión non inferior a catro páxinas Din -A4 e non superior a doce páxinas Din A4, e segundo as seguintes directrices: letra Times New Roman ou Arial, tamaño 12, espazo de entreliñado 1’5.

prazo de admisión dos traballos estará aberto ata o 30 de xuño de 2022.

Presentación dos traballos
A través de correo postal, presentaranse nun sobre pechado no que se fará constar o título do texto e o pseudónimo elixido polo concursante:
– Un exemplar en papel, impreso por unha soa cara,
– Unha copia do traballo en en soporte dixital (CD-ROM, ROM, pendrive ou similares) en formato PDF.
– Un sobre pequeno rotulado no exterior co pseudónimo e o título do ensaio e, no interior, faranse constar os datos persoais que identifiquen ao autor e forma de contacto (correo electrónico ou teléfono), indicando tamén o centro educativo ao que pertence.

En ningún caso, estes documentos terán datos que poidan permitir recoñecer ao seu autor, posto que se quere garantir o anonimato.

Remitirase todo a IES Arcebispo Xelmírez I indicando no sobre “X Premio Ensaio Subversivo Guillermo Domínguez”, Rúa Poza de Bar s/n C.P. 15705 Santiago de Compostela. A Coruña.

Para aclarar calquera dúbida poderase consultar en momento por correo electrónico en ies.arcebispo.xelmirez@edu.xunta.gal

Premios:
-Primeiro Premio: dotado con 500 euros.
-Segundo Premio: dotado con 200 euros.

http://www.xelmirez.com/docs/Bases_Guillermo_2022.pdf