Premio de Fotografía EOLO 2021

 Asociación Empresarial Eólica (AEE) convoca o Premio de Fotografía EOLO 2021.

A temática das fotografías estará relacionada directamente coa enerxía eólica.

Só poderá presentarse unha fotografía por autor. Non se aceptarán fotografías nas que se aplicou fotomontaxe. Aceptaranse fotografías con axustes de niveis (exposición, contraste, saturación, etc.).

As fotografías deben enviarse por e-mail a eventos@aeeolica.org, cun tamaño non superior a 2 MB, indicando no asunto: Premio de Fotografía EOLO 2021. No corpo de texto incluirase:
– Título de fotografía.
– Datos do autor (nome e apelidos, correo electrónico, teléfono de contacto e dirección de correo postal)
– Incluír no corpo do correo o seguinte texto: “Dou consentimento expreso para que os meus datos sexan incorporados no ficheiro de datos de carácter persoal titularidade de Asociación Empresarial Eólica”.
– Breve descrición da fotografía

prazo estará aberto ata o 30 de abril de 2021.

Os gañadores do concurso coñeceranse a través da páxina www.aeeolica.org  o día 28 de maio de 2020.

Premios
1º Primeiro Premio:  Premio en metálico de 600 euros.
2º Segundo Premio: Premio en metálico de 250 euros.
3º Terceiro Premio: Premio en metálico de 150 euros.

https://www.aeeolica.org/images/2021/Premios_Eolo/Bases-Premio-Eolo-de-Fotografa-2021-final.pdf