Premio de fotografía “Meteoinvierno” 2024

A Asociación Meteorolóxica Española (AME), en colaboración con Tempo.com, convoca o concurso “Meteoinvierno” 2024.

As fotografías deberán ser de temática especificamente meteorolóxica (deberán mostrar nubes e/o fenómenos meteorolóxicos como obxecto principal), e ter suficiente calidade de imaxe. Os arquivos subiranse a Fotometeo en formato .jpg, cunha resolución de entre 1000 e 1024 píxeles polo seu lado maior, e un tamaño de arquivo máximo de 500 kb. As fotografías poderán ser en cor ou en branco e negro, e estar sen retocar ou recibir lixeiros axustes (luminosidade, contraste, sobreexposición, subexposición, eliminación de manchas, redución do ruído, recortes etc.), incluíndo o tratamento HDR, sempre que a edición non afectase substancialmente á naturalidade da imaxe, nin a afaste excesivamente da realidade.

Cada concursante poderá presentar un máximo de cinco fotografías, tomadas nos meses de decembro de 2023, xaneiro e febreiro de 2024. Para participar deberanse realizar estes dous pasos:
-Subir as fotografías á Galería Fotometeo de AME.
-Enviar o Formulario de participación, onde se indicará os títulos de cada unha das fotografías, que deberán coincidir cos que lles asignara en Fotometeo.

Requisitos
Poden participar neste concurso todas as persoas que o desexen, de calquera nacionalidade ou idade.

Dotación
Premio único: 150 €, diploma acreditativo e dous libros a elixir entre os relacionados nas bases.

O prazo para participar estará aberto ata o 10 de marzo de 2024.

Máis información
https://fotometeo.ame-web.org/
fotoconcursos@ame-web.org