Premio de Novela Vilar Ponte

O Concello de Viveiro convoca o VI Premio de Novela Vilar Ponte coa finalidade de render homenaxe aos escritores Antón e Ramón Vilar Ponte e apoiar e difundir a literatura en lingua galega.

As obras serán orixinais e inéditas, escritas en lingua galega e con extensión e temática libres.

A presentación das obras realizarase mediante o envío por correo postal ao enderezo Concello de Viveiro, Praza Maior, s/n, 27850 Viveiro (Lugo), facendo constar no exterior “Para VI Premio de Novela Vilar Ponte”.

Requisitos
Poderán participar todas as persoas, maiores de idade e de calquera nacionalidade.

Dotación
Primeiro premio: 4.000 €, trofeo e diploma
Segundo premio: 1.000 €, trofeo e diploma

O prazo de recepción de orixinais estará aberto ata o 1 de xullo de 2024.

Máis información
https://www.viveiro.es