Premio Desnivel de Literatura de Montaña, Viaxes e Aventuras

Edicións Desnivel convoca o XXVI Premio Desnivel de Literatura de Montaña, Viaxes e Aventuras.

As obras, narrativas ou ensaísticas, serán orixinais e inéditas, escritas en lingua castelá e cunha extensión mínima de 60 folios.

A presentación das obras realizarase mediante o envío por correo electrónico ao enderezo premioliteratura@desnivel.com indicando no asunto «XXVI Premio Desnivel de Literatura».

Requisitos
Poderán participar neste premio todas as persoas de calquera nacionalidade que o desexen.

Dotación
Premio único: 3.000 €

O prazo de recepción de orixinais estará aberto ata o 15 de xuño do ano 2024.

Máis información
https://www.desnivel.com
premioliteratura@desnivel.com