Premio Literario “Illa Nova” de Narrativa

A Editorial Galaxia coa colaboración do Ámbito Cultural El Corte Inglés convoca a oitava edición do Premio Literario Illa Nova de Narrativa.

Poderán concorrer novelas ou conxuntos de relatos cunha extensión mínima de 250.000 caracteres con espazos. As obras presentadas serán orixinais, rigorosamente inéditas, sen seren premiadas en ningún outro certame e estarán escritas en lingua galega.

A presentación das obras realizarase mediante o envío por correo postal ao enderezo “Premio Illa Nova de Narrativa” Editorial Galaxia, Travesía de Vigo, 71, soto, 36206 – Vigo (Pontevedra).

Requisitos
Poderán optar ao premio as persoas que non superen os 35 anos.

Dotación
Premio único: 3.000 € e publicación.

O prazo de admisión de orixinais estará aberto ata o 15 de abril de 2024.

Máis información
https://editorialgalaxia.gal