Premio Mocidade Mashumano

A Fundación Máshumano lanza este premio, en colaboración co Injuve, para mozos e mozas de idades comprendidas entre 14 e 30 anos que, co seu talento, capacidade de innovación e creatividade, desenvolvan solucións aos retos expostos en cada convocatoria, a través de proxectos e ideas viables e sostibles que respondan as demandas reais de empresas e entidades máis humanas.

Admitiranse todo tipo de iniciativas que acheguen melloras nas organizacións e a sociedade: produtos sostibles que cubran necesidades sociais ou ambientais, iniciativas de emprendemento social, ferramentas para a mellora da calidade de vida de persoas con capacidades diferentes, etc.

A presente convocatoria ten por obxecto a selección de proxectos empresariais e ideas para a súa  mentorización, formación e presentación no evento final, que se celebrará entre os meses de novembro e decembro de 2021 en Madrid.

Os proxectos seleccionaranse en función de diversos criterios, tales como: o carácter innovador da proposta, viabilidade económica, escalabilidade e políticas de responsabilidade social corporativa aplicadas a toda a cadea de produción da empresa ou entidade.

Fases:
Fase 1: Convocatoria Premio Mcidade  Máshumano (do 8 de abril ao 7 de xuño 2021). Presentación de iniciativas (ideas ou proxectos) que acheguen solucións a calquera dos retos propostos a través do formulario de rexistro habilitado na web oficial do Premio Novos  máshumano.
Fase 2: Selección dos proxectos semifinalistas e participación Starting Points (xuño-setembro 2021).
Fase 3:  Mentorizaxe e asesoramento personalizado por profesionais senior (setembro-decembro 2021).
Fase 4: Gran final (Novembro 2021). Presentación dos proxectos no evento final, no que participarán empresas colaboradoras e invitadas, emprendedores, relatores, aceleradoras de proxectos e Administración Pública.

Establécense as seguintes categorías de participación:
Premio Bankinter: á mellor solución para a integración e mellora do benestar das persoas: Aplicacións e ferramentas destinadas a mellorar a calidade de vida e a integración de persoas con capacidades diferentes (apps accesibles, saúde e benestar, deseño de espazos…).
Premio O Corte Inglés: Ideas e proxectos que contribúan á construción dunha contorna máis saudable, sostible e próspero para o planeta.
Premio Fundación Máshumano: Ideas e proxectos que favorezan o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostibles.

A presentación de proxectos realizarase a través un formulario na web do Premio Máshumano.
prazo de presentación estará aberto ata o 7 de xuño, ás 24:00 h.

Dotación

Para os proxectos gañadores:
– 2.000 euros de capital semente para o proxecto gañador en cada unha das categorías do premio.
– En colaboración con Arrabe Integra o proxecto gañador de cada categoría recibirá un servizo de asesoramento legal, realizado coa coordinación dos seus servizos Xurídico, Fiscal e Laboral.

Para os proxectos finalistas:
– Premio Especial IBM: ao uso innovador da tecnoloxía ao servizo das persoas e a sociedade.
– Soporte tecnolóxico e acompañamento a aquelas startups que estean interesadas na tecnoloxía Cloud de IBM.
– Recoñecemento especial Concello de Madrid.
– Premio Especial Socios Investidores.
– Recoñecemento especial Talento Feminino.

Máis información:
info@mashumano.org
https://premiomashumano.com/