Premio Otero Pedrayo 2021

Convócase o Premio “Otero Pedrayo 2021”, dotado con dezaseis mil euros (16.000,00 €), segundo as disposicións do regulamento correspondente.

Esta convocatoria corresponde ao ano 2021, de acordo co disposto no regulamento, no que se establece o seu ámbito autonómico e o seu carácter anual; convócaa cada ano unha das deputacións provinciais da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, por esta mesma orde.

Atendendo ás razóns expostas, a convocatoria e a concesión do premio, na edición de 2021, atribúeselle á Deputación de Pontevedra, que consignará na aplicación 21/330.3340.481.04 do seu orzamento de gastos o importe do premio (16.000,00 €) máis os gastos correspondentes á súa organización, e no de ingresos, as sumas que deberán achegar cada unha das demais deputacións de Galicia, cotitulares do premio, cunha contía de 2.000,00 €, e a Xunta de Galicia, con 8.000,00 €.

+Info: BOLETÍN OFICIAL DE PONTEVEDRA