Premio Prol Carton deseñadores novos

O Premio Prol Carton deseñadores novos é un concurso anual de novos talentos de Europa para deseño de envases e embalaxes de cartón. Centrándose exclusivamente no cartón, o premio xoga un papel pioneiro na promoción de envases sostibles e innovación entre estudantes de toda Europa.

O concurso de deseño está aberto a todos os estudantes matriculados nunha escola ou universidade europea.

Os traballos poden presentarse nestas categorías:
– Envases de cartón creativos: Comer e Beber.
– Envase e embalaxe creativo de cartón: Todos os demais.
– Ideas creativas para o cartón.
– Salvar o planeta.

Ademais destes catro gañadores das categorías, o xurado tamén elixirá o gañador do “Newcomer Award”. Este premio outórgase a un participante dunha escola ou universidade que non gañase ningún premio no pasado; ademais, os consumidores terán a oportunidade de votar e elixir o gañador do “Public Award”.

O concurso Prol Carton Young Designers Award 2022 está aberto ata o 22 de maio de 2022

Os finalistas e os seus profesores serán convidados á cerimonia de gala de premios que se celebrará en setembro en Cracovia, Polonia. Ademais de trofeos, certificados, publicidade internacional e recoñecemento, o premio para cada un dos cinco gañadores/as é unha visita de tres a catro días a unha fábrica de cartón líder en Europa e capacitación práctica nun convertidor de cartón líder en Europa.