Premio Xosé Neira Vilas de Novela Curta

A Fundación Xosé Neira Vilas e o Concello de Vila de Cruces, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, convoca a sexta edición do Premio Xosé Neira Vilas de Novela Curta.

prazo de presentación de orixinais estará aberto ata o 8 de outubro e o premio entregarase o 3 de novembro, coincidindo co aniversario do nacemento de Xosé Neira Vilas, unha efemérede que, ademais, deu lugar a que, a partir deste 2021, sexa considerado como Día do Lector e da Lectora.

O galardón está dotado con 1000 euros e a publicación do traballo gañador a cargo de Edicións Embora.

https://www.neiravilas.gal/images/premios/2021/neira-vilas/bases-6-premio-neira-vilas.pdf