Premios Artesanía de Galicia

Esta disposición ten por obxecto establecer as bases que rexen os premios de Artesanía de Galicia, que se aproban no anexo I, e proceder á súa convocatoria para o ano 2021 co obxectivo de recoñecer a mellora continua no labor dos profesionais do sector artesán galego e contribuír ao seu desenvolvemento económico e promocional (código do procedemento administrativo IN200A).

Os premios de Artesanía de Galicia constan das seguintes modalidades:

a) Premio Artesanía de Galicia 2021.

b) Premio Traxectoria 2021.

c) Premio Bolsa Eloy Gesto 2021.

+Info: DIARIO OFICIAL DE GALICIA