Premios de excelencia académica ao alumnado de grao universitario

A Consellería de Educación convoca premios de excelencia académica ao alumnado de grao universitario oficial que obtivese as mellores cualificacións no curso 2020/21 nas universidades do Sistema universitario de Galicia.

Cada persoa premiada recibirá unha dotación económica de 1.000 euros e un diploma acreditativo desta distinción.

Requisitos:
a) Non estar en posesión dunha titulación universitaria oficial.
b) Ter no curso académico 2020/21 unha nota media igual ou superior a 8 puntos.
c) No caso dos graos oficiais será necesario ademais:
1º. Ter superado no curso académico 2020/21, con aproveitamento excelente, a totalidade dos créditos matriculados que, como mínimo serán 60, excluídos os créditos recoñecidos, validados ou adaptados.
2º. Estar matriculado da mesma titulación no curso 2020/21.

Concederase un premio por cada un dos cursos en que se estruturan os plans de estudos das titulacións oficiais de grao, agás no derradeiro curso, e en cada un dos centros en que se impartan.
Para o alumnado dos programas de simultaneidade de graos estenderase o premio ata o penúltimo curso anual dos ditos programas.
Os premios outorgaranse de oficio por proposta das universidades do Sistema universitario de Galicia.

Máis información no DOG do 2 de maio de 2022