Premios Defensa 2021

O Ministerio de Defensa convoca os Premios Defensa 2021.

Os Premios Defensa teñen por obxecto achegar á sociedade española os temas relacionados coa defensa, a paz, a seguridade e a historia militar e recompensar así, ás persoas e entidades que se destacaron, na súa traxectoria profesional, pola súa especial contribución á difusión da cultura de defensa e a imaxe das Forzas Armadas.

Modalidades:
Traballos Investigación
Medios de Comunicación
Fotografía
Premio “José Francisco de Querol e Lombardero”
Docencia

Poderán concorrer aos Premios Defensa 2021 todas aquelas persoas e asociacións sen ánimo de lucro, cuxos proxectos ou traballos estean referidos a temas relacionados coa defensa, a paz, a seguridade e a historia militar.

Prazo:26 de xullo de 2021
Máis información no BOE do 27 de maio de 2021 e en https://www.defensa.gob.es/portaldecultura/actividades/premios/defensa/2021/