Premios DEMO DAY. DepoEmprende na FP

A Deputación de Pontevedra, a través do Servizo de Promoción de Emprego e Desenvolvemento Local, pon en marcha o programa “DepoEmprende” 2020-2021, segundo a convocatoria publicada no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO), núm. 118, de 22 de xuño de 2020. Esta convocatoria diríxese aos centros educativos sostidos con fondos públicos da provincia de Pontevedra e dependentes da Xunta de Galicia para participar nos diferentes proxectos que acolle o devandito programa: “DepoEmprende na escola”, “DepoEmprende na ESO” e “DepoEmprende na FP”.

A finalidade do proxecto “DepoEmprende na FP” é promover entre o alumnado de formación profesional de grao medio e superior a iniciativa emprendedora, tanto no ámbito empresarial coma no autoemprego, e tamén a actitude necesaria para asumir riscos e responsabilidades. A metodoloxía proposta baséase na elaboración e xestión de proxectos empresariais para que o alumnado asuma o risco de afrontar diferentes situacións laborais e, deste xeito, mellore a súa participación activa na vida económica, social e cultural do seu contorno.

+Info: BOLETÍN OFICIAL DE PONTEVEDRA