Premios escolares de innovación educativa en dinamización lingüística

A Consellería de Cultura e Educación convoca os premios escolares de innovación educativa en dinamización lingüística 2020-2021.

Poderán participar nesta convocatoria todos os centros docentes de titularidade pública.

Os proxectos deberán ser novos e orixinais e incluír accións de innovación educativa en dinamización da lingua galega que revertan positivamente na dinámica lingüística habitual do centro escolar e que xeren melloras permanentes na práctica docente e na realidade educativa.

Entre todos os proxectos presentados seleccionaranse cinco, que terán a consideración de excelentes. Cada un deles recibirá:
1. Unha dotación económica de 2000 €.
2. Apoio e asesoramento tanto na fase de elaboración do proxecto como durante o seu desenvolvemento.

Os centros educativos poden presentar os seus proxectos ata o 10 de marzo de 2021.

Bases da convocatoria

Proxectos seleccionados en cursos anterirores:  https://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/proxectos-de-innovacion-en-dinamizacion-linguistica