Premios Exército 2023

A Xefatura do Estado Maior do Exército convoca os Premios Exército para o ano 2023.

Os Premios Exército teñen por obxecto propiciar a creación artística e literaria referida ás múltiples actividades do Exército de Terra español no marco das Forzas Armadas, así como fomentar o coñecemento e a divulgación na sociedade da vida militar.

Temática: “1492-1898. Catro séculos de presenza de España no continente americano e no Pacífico (Cuba e Filipinas)”.

Poderán optar aos Premios Exército 2023 nas disciplinas de Pintura, Debuxo, Miniaturas Militares, Fotografía, Vídeo e Investigación en Humanidades e Ciencias Sociais, as persoas físicas de nacionalidade española ou estranxeira.
Na disciplina de Ensino Escolar os participantes e, no seu caso, beneficiarios serán centros docentes públicos e privados -concertados e non concertados- de Educación Primaria, ESO, Bacharelato e Formación Profesional situados en territorio nacional.

Prazos:
A solicitude de participación pode presentarse ata o 3 de marzo de 2023
As obras presentaranse entre o 1 e o 26 de marzo de 2023

Premios:

Pintura
Pintura Xenérica: 1º Premio: 8.500 €, Trofeo e Diploma
Pintura Histórica: 1º Premio: 5.000 €, Trofeo e Diploma

Debuxo
Premio ao centro de ensino con máis participantes: trofeo e diploma
Premio mellor debuxo de 1º ou 2º de educación primaria: placa e diploma
Premio mellor debuxo de 3º ou 4º de educación primaria: placa e diploma
Premio mellor debuxo de 5º ou 6º de educación primaria: placa e diploma

Fotografía
Mellor serie: Premio: 4.500 €, Trofeo e Diploma
Mellor fotografía publicada nun medio de comunicación: 1º Premio: 2.500 €, Trofeo e Diploma.

Miniaturas Militares
Máster (Dioramas ou Viñetas): Premio: 4.000 €, Trofeo e Diploma
Máster (Figuras): 1º Premio: 3.000 €, Trofeo e Diploma
Máster (Materiais): 1º Premio: 3.000 €, Trofeo e Diploma
Estándar (Dioramas ou Viñetas): Premio: Placa e Diploma
Estándar (Figuras): Premio: Placa e Diploma
Estándar (Materiais): Premio: Placa e Diploma
Estándar (Miscelánea): Premio: Placa e Diploma

Ensino Escolar
Nivel A € Educación Primaria. Premio Nacional: 4.500 €, Trofeo e Diploma
Nivel B € Educación Secundaria. Premio Nacional: 4.500 €, Trofeo e Diploma
Nivel C € Bacharelato ou Formación Profesional de Grao Medio. 1º Premio Nacional: 4.500 €, Trofeo e Diploma

Investigación en Humanidades e Ciencias Sociais
Investigación gran formato: Premio: 8.500 €, Trofeo e Diploma
Investigación abreviada: Premio: 4.000 €, Trofeo e Diploma

Vídeo
Vídeos curtos: 3.500 €, Trofeo e Diploma

Máis información: http://www.ejercito.mde.es/premios-ejercito