Premios Exército do Aire 2021

O Exército do Aire convoca os Premios Exército do Aire 2021 nas seguintes modalidades:

Pintura, Aula Escolar Aérea, Modelismo Aeronáutico, Investigación e Innovación Aeroespacial, Imagen Aeronáutica, Artículos «Revista de Aeronáutica y Astronáutica», Creación Literaria, Promoción de la Cultura Aeronáutica y Valores en el Deporte.

Modalidade Pintura:
Nos premios de pintura poderán participar artistas e creadores con obras individuais inéditas.
A temática estará relacionada coas diferentes facetas do Exército do Aire: actividades e misións, aspectos históricos ou presentes, unidades, persoal ou medios materiais cos que está dotado.
Primeiro premio: 6.000 € e trofeo Plus ultra.
Accésit: 3.000 € e placa.

Modalidade de Aula Escolar Aérea
A este premio poden presentarse centros de ESO en territorio nacional, con traballos colectivos dos alumnos matriculados nos mesmos.
A temática estará relacionada coas diferentes facetas do Exército do Aire: actividades e misións, aspectos históricos ou presentes, unidades, persoal ou medios materiais cos que está dotado.
Premio de 3.000 euros e trofeo Plus ultra para o centro educativo e viaxe “Aula Escolar Aérea”.
Unha viaxe de 5 días a fin de coñecer e visitar de preto unidades, centros e organismos (UCO) do Exército do Aire, para un máximo de 10 alumnos e 2 profesores, utilizando medios militares para cubrir os servizos de transporte, aloxamento e manutención.

Modalidade de Modelismo Aeronáutico
Poderán participar aquelas obras que mellor reproduzan, a escala, modelos de aeronaves ou aeróstatos que formen ou formasen parte da historia aeronáutica militar española ou do Exército do Aire, de acordo coas seguintes categorías:
Aeromodelismo ou dioramas: Premio único ambas as categorías: 2.000 € e trofeo Plus ultra.
Taller de modelismo infantil: Premio único: Trofeo Plus ultra, obsequio e bautismo de voo.

Modalidade de Investigación Aeroespacial Universitaria:
Estes traballos desenvolverán liñas de estudo de investigadores universitarios nas diferentes ramas existentes no sector aeroespacial e que profundan nos avances da industria de defensa española.
Premios
– Traballo Universitario. Premio único: 1.500 euros e trofeo Plus ultra.
– BACSI modalidade individual. Premio único: 1.000 euros e trofeo Plus ultra.
– BACSI modalidade colectiva. Premio único: 1.500 euros e trofeo Plus ultra.

Modalidade de Imaxe Aeronáutica
Inclue a modalidade de Fotografía e de Vídeo aeronáutico.
Fotografía, diferenciando as seguintes categorías:
– Mellor colección de fotografía aeronáutica.
– Mellor fotografía aeronáutica.
– Mellor fotografía de interese humano.
Poderán presentarse a esta modalidade fotografas ou diapositivas en formato dixital, orixinais e de tamaño libre, de temática aeronáutica relacionada coas diferentes facetas do Exército do Aire: actividades e misións, unidades, persoal ou medios materiais cos que está dotado.
Modalidade de vídeos aeronáuticos
Poderán presentarse ao concurso gravacións audiovisuais en formato dixital (imaxes ou animacións), con montaxes orixinais de temática relacionada coas diferentes facetas do Exército do Aire: actividades e misións, aspectos históricos ou presentes, unidades, persoal ou medios materiais cos que está dotado.
Premios:
– Premio á “mellor colección”: 2.000 euros e trofeo Plus ultra.
– Accésit á “mellor colección”: 500 euros.
– Premio á “mellor fotografía”: 1.000 euros e placa.
– Accésit á “mellor fotografía”: 500 euros.
– Premio á mellor fotografa “interese humano”: 1.000 euros e placa.
– Accésit á mellor fotografa “interese humano”: 500 euros.
– Premio ao mellor vídeo aeronáutico: 2.000 euros e placa.

Modalidade de Artigos Revista de Aeronáutica e Astronáutica
Concederanse os seguintes premios:
– Artigos de divulgación: Premio único: 1.500 euros e diploma.
– Artigo sobre helicópteros: Premio único: 1.500 euros e diploma.
– Artigo sobre enxeñería aeroespacial: Premio único: 1.500 euros e diploma.

Modalidade de Creación Literaria
Obras de narrativa literaria, tanto en prosa como en colección poética inédita, de temática relacionada co Exército do Aire, os seus integrantes, unidades, historia e tradicións, así como coa actividade aeroespacial nas súas diferentes facetas.
Primeiro premio: 3.000 euros e trofeo Plus ultra.
Accésit: 1.000 euros.

Modalidade de Promoción da cultura aeronáutica
Con esta distinción especial o Exército do Aire quere incentivar todas aquelas iniciativas de persoas, asociacións, fundacións e todo tipo de entidades públicas ou privadas, que contribúan á difusión e fomento da cultura aeronáutica en particular, e da cultura de defensa en xeral.
Premio á promoción no ámbito social: 3.500 euros e Trofeo Plus ultra.
Premio á divulgación na contorna dixital: 1.000 euros e Placa.

Valores no deporte.
O propósito deste premio é promover os valores do aviador, a motivación e esixencia de superación, a través da práctica deportiva e de competición, individual ou por equipos, dentro e fóra do Exército do Aire, practicados en calquera disciplina deportiva. Valorarase igualmente a constancia e o palmarés deportivo logrado en campionatos nacionais ou internacionais.
Premio pola súa traxectoria deportiva: Trofeo Plus ultra e obsequio.

prazo para presentar as solicitudes de participación estará aberto ata o 24 de maio de 2021.
prazo para presentar os traballos estará aberto entre o 1 e o 16 de xuño de 2021.

Máis información no BOE do 3 de maio de 2021 e en https://ejercitodelaire.defensa.gob.es/EA/premiosea/