Se publican as bases reguladoras e abre a convocatoria dos premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2025/26. Esta convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, está dirixida ao alumnado que destacase polo seu rendemento académico na etapa de educación secundaria obrigatoria.
Premios.
Vinte premios extraordinarios cunha dotación global de 20.000 €. Cada premio estará dotado con 1.000 €.
Persoas beneficiarias.
Alumnado que cursase durante o ano académico 2025/26 cuarto curso de educación secundaria obrigatoria no réxime ordinario en calquera dos centros da Comunidade Autónoma de Galicia, que estea proposto polo equipo docente para a expedición do título de graduado en educación secundaria e obtivese no conxunto dos catro cursos de educación secundaria obrigatoria unha nota media igual ou superior a 9 puntos.
Características do procedemento de solicitude dos premios.
O procedemento de solicitude para optar aos premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico terá dúas fases diferenciadas:
- Na primeira fase, o alumnado deberá solicitar primeiramente a matrícula na proba PEE.
- Na segunda fase, unha vez publicadas as cualificacións definitivas na proba PEE, o alumnado deberá formalizar unha solicitude para optar á subvención do Premio extraordinario de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico.
Prazo de presentación de solicitudes.
- Na primeira fase, matrícula na proba PEE, o prazo de presentación de solicitudes será do 9 ao 15 de xuño de 2026.
- Na segunda fase, solicitude para optar á subvención do Premio extraordinario de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico, o prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes a partir do día seguinte ao da publicación das listaxes de cualificacións definitivas da proba PEE.
Máis información: DOG DE 08/06/2026

