O Instituto da Mocidade convoca os Premios Injuve de Xornalismo e Comunicación 2023 para recoñecer o esforzo e o compromiso de novos xornalistas ou comunicadores no ámbito do xornalismo social, fomentando así o desenvolvemento e a difusión da súa carreira profesional.
Esta convocatoria premiará os traballos que mellor contribuísen ao fomento, defensa e difusión de valores cívicos, sociais e de igualdade nas modalidades de Xornalismo Impreso, Fotoperiodismo, Xornalismo Audiovisual e Xornalismo Radiofónico.
Para iso, premiaranse os traballos publicados entre o 2 de xuño de 2022 e o 11 de maio de 2023, enmarcados no ámbito do xornalismo social, entendido como aquel que asume a súa responsabilidade nos procesos sociais, reflexiona sobre o seu papel no devir social e preocúpase pola procura de solucións.
Estes Premios estarán dotados, en cada unha das modalidades, con 5.000 €.
Quen poden participar?
Poderán tomar parte nestes Premios, persoas (de forma individual ou participando de forma colectiva, cun máximo de 3 compoñentes) maiores de idade, sexan de nacionalidade española ou sexan estranxeiros con residencia legal en España, que non superen os 35 anos de idade na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes.
Prazo: 8 de xuño de 2023
Máis información no BOE do 11 de maio de 2023