Premios Injuve de Xornalismo e Comunicación

O “Instituto de la Juventud” convoca os Premios Injuve de Xornalismo e Comunicación para recoñecer o esforzo e o compromiso de xornalistas ou comunicadores novos no ámbito do xornalismo social, fomentando así o desenvolvemento e a difusión da súa carreira profesional.

Esta convocatoria premiará os traballos que mellor contribuísen ao fomento, defensa e difusión de valores cívicos, sociais e de igualdade nas modalidades de Xornalismo escrito, Fotoxornalismo, Xornalismo Audiovisual e Xornalismo Radiofónico.

Para iso, premiaranse os traballos publicados entre o 2 de xuño de 2022 e o 11 de maio de 2023, enmarcados no ámbito do xornalismo social, entendido como aquel que asume a súa responsabilidade nos procesos sociais, reflexiona sobre o seu papel no devir social e preocúpase pola procura de solucións.

Estes Premios estarán dotados, en cada unha das modalidades, con 5.000 €.

Quen poden participar?
Poderán tomar parte nestes premios, persoas (de forma individual ou participando de forma colectiva, cun máximo de 3 compoñentes) maiores de idade, sexan de nacionalidade española ou sexan estranxeiros con residencia legal en España, que non superen os 35 anos de idade na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes.

Prazo: 5 de xuño de 2024

Máis información no BOE do 8 de maio de 2024 e en https://www.injuve.es