Premios #Mulleres que Opinan

O obxecto destas bases é facer pública a convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, da primeira convocatoria dos Premios #Mulleres que Opinan, co obxectivo de promover o exercicio da opinión xornalística por parte de mulleres profesionais do xornalismo, animar e promover a escrita nas mulleres máis novas e fomentar o nacemento dunha nova canteira de mulleres opinadoras.

A participación e a concesión dos premios efectuaranse en réxime de concorrencia competitiva, de acordo cos principios de publicidade, transparencia, obxectividade, igualdade e non discriminación, ademais dos de eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados e de eficiencia na asignación e uso dos recursos públicos.

+Info: DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA