Queres ir de Marín a Cádiz no buque Juan Sebastián de Elcano?
A Armada convoca os premios Virxe do Carme correspondentes ao ano 2023, nas seguintes disciplinas:
Investigación histórica, Relato curto “Relatando a mar”, Debuxo infantil, Mocidade, Pintura, Fotografía e Modelismo Naval.
Os premios Virxe do Carme teñen por obxecto fomentar o interese e a afección polo mar e os asuntos navais, estimular na mocidade as vocacións polos oficios e profesións navais e difundir a cultura naval en todo o ámbito nacional.
Investigación histórica. Para o mellor traballo que, en calquera manifestación histórica, científica, literaria ou humanística contemple, analice ou relacione a vinculación de España co mar e coa Armada, no seu ámbito nacional ou na súa proxección ultramarina. Dotado con 5.500 euros
Relato curto “Relatando a mar”. Para o mellor traballo relacionado coa mar nalgún dos múltiples aspectos que incumben aos océanos e ás súas xentes (mariños, vida na mar, expedicións, etc.). Dotado con 2.000 euros
Mocidade.
Establécense tres modalidades:
– Elabora o teu cartel.
Para o mellor traballo individual que deseñe un cartel anunciador que permita, dunha forma gráfica, identificar e personalizar a convocatoria dos Premios Virxe do Carmen 2024.
A súa temática deberá gardar relación co sistema de frotas que a Monarquía Hispánica estableceu para asegurar o tráfico económico e comercial necesario para manter os seus dominios e que deu lugar a dous grandes roteiros comerciais: a Carreira de Indias e o Galeón de Manila.
Dirixido a alumnado de 2º Ciclo de ESO, Formación Profesional de Grao Medio e Bacharelato, a través dos seus respectivos centros educativos e debidamente certificados polo seu director/a. Dotado con 750 euros para o alumno/a que realiza o traballo e 250 euros para o profesor/a que o dirixa.
– Traballo escolar.
Para o mellor traballo en grupo no que se destaque a historia e contribución da Armada á sociedade e garde relación coa Mariña da Ilustración (Século XVIII), coincidindo co 250 aniversario da morte do eminente mariño, enxeñeiro naval e científico español Jorge Juan y Santacilia.
Os traballos poderán presentarse como proxecto creativo ou texto escrito.
Hai dúas categorías:
– Categoría ESO: Para alumnado de ESO, a través dos seus centros educativos.
– Categoría Bacharelato/FP: Para alumnado de Formación Profesional de Grao Medio e Bacharelato, a través dos seus centros educativos.
Dotado, en cada unha das categorías, con 1.250 euros para o alumnado que realiza o traballo e 250 euros para o profesor/a que o dirixa.
– Mozo/a investigador/a.
Para o mellor traballo individual de investigación, en modalidade histórica ou documental, levado a cabo por alumnado de Bacharelato, directamente relacionado coa contribución da Armada á sociedade ao longo da historia.
Dotado con 1.750 euros para o alumno/a que realiza o traballo e 250 euros para o profesor/a que o dirixa.
O profesor/a e o alumno/a gañador/a realizarán o tránsito a bordo do B/E Juan Sebastián de Elcano desde Marín a Cádiz, previsto durante a segunda quincena do mes de xullo 2023.
O traballo gañador incluirase no programa educativo “Aprende a investigar” do Servizo Educativo e Cultural do Instituto de Historia e Cultura Naval. https://fundacionmuseonaval.com/SEC/
Pintura.
– Pintura Naval. Para a mellor obra en que, con creatividade pictórica, se plasme a actividade naval en calquera dos seus aspectos co fin de conseguir o acercamento entre a sociedade e a Armada. Dotado con 4.500 euros.
– Pintura histórica. Para a mellor obra cuxa temática estea relacionada coa Mariña da Ilustración (Século XVIII), coincidindo co 250 aniversario da morte do eminente mariño, enxeñeiro naval e científico español Jorge Juan y Santacilia. Dotado con 3.500 euros.
Fotografía. Para a fotografía que mellor plasme a vinculación da Armada coa súa contorna, recollendo motivos que reflictan os aspectos das súas múltiples facetas e actividades. Premio de 1.500 euros
Modelismo Naval.
– Modelo Naval. Para o mellor modelo de nave, embarcación ou buque, sen distinción de época. Dotado con 4.000 euros
– Diorama. Para o mellor diorama de instalacións relacionadas coa historia e a arte da construción naval española, sen distinción de época. Dotado con 2.500 euros
Prazos
O prazo de presentación de solicitudes de participación nos premios estará aberto ata o 29 de marzo de 2023.
Prazos para a entrega das obras:
– Investigación histórica e Relato curto estará aberto ata o día 21 de abril de 2023.
– Debuxo Infantil estará aberto ata o día 2 de xuño de 2023.
– Mocidade estará aberto ata o día 26 de maio de 2023.
– Para os traballos que opten ao premio nas disciplinas de Pintura, Fotografía e Modelismo Naval, o prazo de presentación estará aberto ata o 2 de xuño de 2023.
Máis información no BOE do 15 de febreiro de 2023