Premios Xerais de Narrativa

Xerais convoca unha nova edición do Premio Xerais de Novela, o Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil e o Premio Merlín de Literatura Infantil. Ésta será 41ª edición do Premio Xerais de Novela mentres que o Premio Merlín acada a 39ª edición e o Jules Verne a 16ª.

Os orixinais deben estar escritos en lingua galega e serán textos inéditos na súa totalidade. As obras enviaranse ao local social de Edicións Xerais de Galicia S.A. R/ Doutor Marañón, 12, 36211, Vigo (Pontevedra)

Requisitos
Calquera autor ou autora pode participar no premio, salvo as que gañasen algunha das cinco edicións anteriores.

Dotación
Os premios terán unha dotación económica de 10.000 euros. Cada un dos tres premios contempla a publicación das obras gañadoras nas coleccións de Narrativa, Fóra de Xogo e Merlín de Xerais.

O prazo para a entrega de orixinais estará aberto ata o 18 de marzo de 2024.

Máis información
https://www.xerais.gal/