Proba de acceso ás ensinanzas artísticas superiores de Deseño para o curso 2022/23

A Consellería de Educación abre o prazo para inscribirse na proba de acceso ás ensinanzas artísticas superiores de Deseño para o curso 2022/23.

Requisitos:
– Título de bacharelato ou ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos, e superar a proba específica de acceso.
– As persoas que queiran optar á proba de acceso e que, sendo maiores de 18 anos non cumpran os requisitos xerais de titulación, deberán acreditar que posúen os coñecementos, habilidades e aptitudes necesarios para cursar con aproveitamento as correspondentes ensinanzas mediante a realización dunha proba o día 31 de maio no IES San Clemente de Santiago de Compostela.

Acceso directo:
Poderá acceder ás ensinanzas superiores de Deseño sen necesidade de realizar a proba específica de acceso quen estea en posesión dun título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 23 de maio de 2022.

As solicitudes deberán realizarse de xeito telemático cubrindo o formulario dispoñible en www.edu.xunta.es/eas  e empregando o certificado dixital ou sistema de usuario e clave Chave365. Tamén se poderá formalizar a inscrición directamente nas secretarías das escolas de arte e superiores de deseño.

Data da proba: Realizaranse o día 5 de xullo nas catro EASD de Galicia:

EASD Pablo Picasso, rúa Os Pelamios, nº 2, A Coruña.
EASD Mestre Mateo, rúa Virxe da Cerca, nº 32, Santiago de Compostela.
EASD Ramón Falcón, Paseo dos estudantes, s/n, Lugo.
EASD Antonio Faílde, Avenida da Universidade, A Cuña, nº 18, Ourense.

Máis información no DOG do 21 de abril de 2022 e en http://www.edu.xunta.es/portal/taxonomy/term/209/all