Probas de acceso ás ensinanzas artísticas superiores de Arte Dramática para o curso 2022/2023

A Consellería de Educación convoca as probas de acceso ás ensinanzas artísticas superiores de Arte Dramática para o curso 2022/2023.

Para o acceso as ensinanzas artísticas superiores de Arte Dramática requirirase estar en posesión do título de bacharelato ou ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos, así como a superación da correspondente proba específica.

Inscrición nas probas: a inscrición realizarse ata o día 23 de maio de 2022.

As solicitudes deberán realizarse de maneira telemática cubrindo o formulario dispoñible en www.edu.xunta.es/eas e empregando o certificado dixital ou sistema de usuario e clave Chave365. Non obstante, tamén se poderá formalizar a inscrición directamente na Secretaría da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.

Datas das probas:
A proba para as persoas aspirantes que non cumpran o requisito de titulación terá lugar o día 31 de maio no IES San Clemente de Santiago de Compostela.
As probas específicas de acceso ás ensinanzas artísticas superiores de Arte Dramática darán comezo o día 4 de xullo na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.

Proba para os/as aspirantes que non cumpran o requisito de titulación de bacharelato para acceder ás ensinanzas artísticas superiores:
A esta proba poderanse presentar as persoas aspirantes que non estean en posesión do título de bacharelato ou non superasen a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos e acrediten unha idade igual ou superior aos 18 anos ou que os fagan no ano 2022.

Máis información no DOG do 21 de abril de 2022 e en http://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/210/all

Ensinanzas superiores de arte dramática: http://www.esadgalicia.com