Probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso

A Consellería de Educación convoca probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2022/23.

Requisitos para o acceso ás ensinanzas deportivas de grao medio:
a) Dispor do título de graduado en educación secundaria, e superar unha proba específica.
b) O alumnado que non dispoña do título de graduado en educación secundaria, deberá ter 17 anos e superar unha proba de acceso substitutiva do requisito de titulación.
A proba substitutiva do requisito de titulación de grao medio poderase substituír pola superación dalgunha das seguintes probas:
– Proba de acceso a ciclos formativos de grao medio de formación profesional.
– Parte común da proba de acceso aos ciclos formativos de grao superior de formación profesional.
– Proba substitutiva do requisito de titulación de acceso aos ciclos formativos de grao medio de artes plásticas e deseño.
– Proba substitutiva do requisito de titulación de acceso aos ciclos formativos de grao superior de artes plásticas e deseño.
– Proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
– Proba de acceso substitutiva do requisito de titulación para as ensinanzas artísticas superiores.

Requisitos para o acceso ás ensinanzas deportivas de grao superior:
a) Dispor do título de técnico deportivo na modalidade ou especialidade deportiva correspondente e ter, cando menos, algún dos seguintes títulos: Bacharel, Técnico superior, Título universitario, Certificado de ter superadas todas as materias do bacharelato.
b) O alumnado que non posúa o título de bacharel deberá ter 19 anos e superar unha proba de acceso substitutiva do requisito de titulación.
A proba substitutiva do requisito de titulación de grao superior poderase substituír pola superación dalgunha das seguintes probas:
– Parte común da proba de acceso aos ciclos formativos de grao superior de formación profesional.
– Proba substitutiva do requisito de titulación de acceso aos ciclos formativos de grao superior de artes plásticas e deseño.
– Proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
– Proba de acceso substitutiva do requisito de titulación para as ensinanzas artísticas superiores.

solicitude de inscrición presentarase na secretaría dalgún dos centros educativos vinculados a cada modalidade deportiva. Na modalidade de fútbol deberá presentarse necesariamente na secretaría do centro elixido para realizar a proba específica.

prazo de inscrición na proba substitutiva do requisito de titulación de ESO e/ou na proba específica de grao medio estará aberto ata o día 29 de xuño de 2022.
prazo de inscrición na proba substitutiva do requisito de titulación de bacharelato estará aberto ata o o día 23 de maio de 2022.

Datas e lugar das probas de acceso de grao medio de carácter específico, para cada unha das modalidades deportivas:
a) Na modalidade de fútbol no CIFP Universidade Laboral en Culleredo, o día 14 de xullo, ás 10.00 horas, e no IES Sánchez Cantón en Pontevedra (instalación A Xunqueira), o día 15 de xullo, ás 11.00 horas. As persoas aspirantes só poderán realizar as probas no centro en que formalizaron a inscrición.
b) Na modalidade de fútbol sala no IES Sánchez Cantón en Pontevedra, o día 15 de xullo, ás 10.00 horas.
c) Na modalidade de balonmán no IES Sánchez Cantón en Pontevedra, o día 15 de xullo, ás 10.00 horas.
d) Na modalidade de baloncesto no IES Fermín Bouza Brey en Vilagarcía de Arousa, o día 18 de xullo, ás 10.00 horas.
e) Na modalidade de vela nas instalacións do Centro Galego de Vela en Vilagarcía de Arousa, o día 18 de xullo, ás 11.30 horas; poden variar a data e/ou a hora do exame no caso de non se daren as condicións meteorolóxicas.
f) Na modalidade de atletismo no IES Nosa Señora dos Ollos Grandes en Lugo, o día 19 de xullo, ás 10.00 horas.

Que deporte podes estudar?: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/1550

Máis información no DOG do 21 de abril de 2022 e en http://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/212